Anterior
Seguinte
O Concello apoia o comercio local coa campaña ‘En Bergondo, mellor’
O comercio local precisa máis ca nunca o apoio da administración municipal, que traballou desde o estalido da pandemia por botar unha man aos negocios da localidade. As compras son, a este respecto e na crise da covid, En Bergondo, mellor e esa é a mensaxe que o Concello quixo trasladar á veciñanza. O lema foi escollido para bautizar a campaña de promoción dirixida a achegar aínda máis a cidadanía aos establecementos.
O plan inclúe diversas medidas, focalizadas na información e no material audiovisual, que
darán a coñecer os diferentes atractivos do negocio de proximidade e facilitarán o contacto por parte dos bergondeses e bergondesas.
Unha das iniciativas é á a creación desta páxina web a xeito de directorio e xeolocalización
das empresas, reunindo fichas de cada establecemento adherido con datos como o seu nome, fotografía, situación, horario e vías de contacto.
das empresas, reunindo fichas de cada establecemento adherido con datos como o seu nome, fotografía, situación, horario e vías de contacto.
Ademais, creáronse vídeos e imaxes publicitarias en cada un dos negocios da campaña, que contan coa participación dos veciños e veciñas. O material audiovisual resalta os atractivos do comercio de proximidade fronte aos centros comerciais, coma o trato personalizado e o apoio que significa a súa elección para os emprendedores que sufriron os efectos da pandemia.